miércoles, 25 de enero de 2012

Unha gran tormenta solar alcanza a Terra

Unha grande erupción solar desencadeou o 23 de xaneiro unha exección de masa coronal que se desprazou a 1.400 quilómetros por segundo e que alcanzou a Terra onte. Unha erupción enerxética deste nivel pode estragar os satélites, así que os equipos de operacións na ESA e outras organizacións seguiron de preto a tormenta.

Unha exección de masa coronal (CME, nas súas siglas en inglés) é unha nube xigante de plasma magnetizado que parte da atmosfera do Sol, a coroa, cara ao espazo interplanetario. Acontecen a miúdo asociadas ás erupcións solares. Esta exección de masa coronal foi detectada polos satélites SOHO (da ESA e a NASA), e Stereo (NASA).

As CMEs poden producir tormentas xeomagnéticas cando alcanzan a Terra, entre dous e seis días despois da súa emisión.


A erupción solar produciuse ás 03:59 GMT do pasado luns, e provocou o chorro de protóns máis potente dende 2005.
 

O sol, fotografado pouco despois da erupción
É probable que esta CME xere na Terra tormentas xeomagnéticas menores. O máis probable é que non causen efectos graves na infraestrutura -como as redes de telefonía-, pero si podería dar lugar a auroras nas latitudes altas.

A erupción solar foi máis intensa que a media e a tormenta de protóns é a primeira forte nos últimos sete anos, pero non se esperan efectos visibles en terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario