miércoles, 25 de enero de 2012

fotografias antigas da astronomia




Constelacions




Contaminación lumímica

Está claro que necesitamos a luz pola noite para poder ver, nas rúas, parques, etc? Pero? fai falta "tirar" tanta luz cara a arriba? Demostrouse por activa e por pasiva que moitos dos farois deste país lanzan demasiada luz cara a arriba, desperdiciando enerxía e a propia luz. Todo isto é o que perdemos e tiramos ao espazo. Isto é a chamada contaminación lumínica.

A 'contaminación lumínica' pode definirse como a emisión de fluxo luminoso de fontes artificiais nocturnas en intensidades, direccións, rangos espectrais ou horarios innecesarios para a realización das actividades previstas na zona na que se instalan as luces.

Unha ineficiente e mal deseñada iluminación exterior, a utilización de proxectores e canóns láser, a inexistente regulación do horario de apagamento de iluminacións publicitarias, monumentais ou ornamentais, etc., xeran este problema cada vez máis estendido.



Sobre este grave problema, ata o momento, existe escasa conciencia social, malia que xera numerosas e prexudiciais consecuencias como son o aumento do gasto enerxético e económico, a intrusión lumínica, a inseguridade vial, dificultar o tráfico aéreo e marítimo, o dano aos ecosistemas nocturnos e a degradación do ceo nocturno, patrimonio natural e cultural, coa conseguinte perda de percepción do Universo e os problemas causados aos observatorios astronómicas.

Estes prexuízos non se limitan ao ámbito do lugar onde se produce a contaminación -poboacións, polígonos industriais, áreas comerciais, estradas, etc. -, senón que a luz difúndese pola atmosfera e o seu efecto déixase sentir ata centenares de quilómetros dende a súa orixe.

 A iluminación artificial resalta as rexións máis desenvolvidas e poboadas da superficie terrestre, incluíndo os litorais de Europa, a costa este dos Estados Unidos e Xapón. Moitas grandes cidades encóntranse preto de ríos ou do océano, para así favorecer a exportación e importación barata de bens. As áreas especialmente escuras inclúen o centro de América do Sur, África, Asia e Australia.

Unha gran tormenta solar alcanza a Terra

Unha grande erupción solar desencadeou o 23 de xaneiro unha exección de masa coronal que se desprazou a 1.400 quilómetros por segundo e que alcanzou a Terra onte. Unha erupción enerxética deste nivel pode estragar os satélites, así que os equipos de operacións na ESA e outras organizacións seguiron de preto a tormenta.

Unha exección de masa coronal (CME, nas súas siglas en inglés) é unha nube xigante de plasma magnetizado que parte da atmosfera do Sol, a coroa, cara ao espazo interplanetario. Acontecen a miúdo asociadas ás erupcións solares. Esta exección de masa coronal foi detectada polos satélites SOHO (da ESA e a NASA), e Stereo (NASA).

As CMEs poden producir tormentas xeomagnéticas cando alcanzan a Terra, entre dous e seis días despois da súa emisión.


A erupción solar produciuse ás 03:59 GMT do pasado luns, e provocou o chorro de protóns máis potente dende 2005.
 

O sol, fotografado pouco despois da erupción
É probable que esta CME xere na Terra tormentas xeomagnéticas menores. O máis probable é que non causen efectos graves na infraestrutura -como as redes de telefonía-, pero si podería dar lugar a auroras nas latitudes altas.

A erupción solar foi máis intensa que a media e a tormenta de protóns é a primeira forte nos últimos sete anos, pero non se esperan efectos visibles en terra.

jueves, 12 de enero de 2012

Descobren dous novos planetas

científicos que traballan na misión Kepler da NASA, acharon dous novos planetas que orbitan arredor de sistemas de dobre estrela aos que deron o nome de Kepler-Kepler-34b e Kepler-Kepler-35b.

Se ben a existencia deste tipo de sistemas coñecidos como 'planetas circumbinarios' fora predita hai tempo, ata agora só era unha teoría en espera de ser demostrada. O primeiro descubrimento foi en setembro do pasado ano, cando os científicos da misión Kepler descubriron o planeta Kepler-Kepler-16b (Chama Tatooine polo seu parecido co mundo de dous soles de Star Wars).

Así é como, o que ata agora era excepcional, parece confirmarse co novo descubrimento dos planetas 34b e 35b. Segundo publica hoxe a revista Nature, poderían existir millóns de planetas circumbinarios no universo, aproximadamente segundo calcularon os astrónomos, un 1% do total. Segundo un dos investigadores, Eric B. Ford, "creuse durante moito tempo que este tipo de planetas existía, pero foron moi difíciles de detectar por varias razóns técnicas".

Os novos planetas 34b e 35b están formados por hidróxeno e son demasiado cálidos para poder albergar vida, xa que estes se encontran á metade de distancia que nós do noso Sol.

Tanto descubrimento nos últimos días, fai reformularse á NASA ata cando alongar a misión Kepler, xa que cando iniciou en 2009 tiña previsto como data de finalización do proxecto en novembro deste 2012. Pero segundo Ford, os astrónomos téñeno claro: "están practicamente a pregar á NASA que estenda a misión Kepler ata o ano 2016, xa que Kepler está a revolucionar moitos campos, non só o da ciencia planetaria, e sería unha pena non poder obter o máximo rendemento científico deste grande observatorio".