miércoles, 25 de enero de 2012

Contaminación lumímica

Está claro que necesitamos a luz pola noite para poder ver, nas rúas, parques, etc? Pero? fai falta "tirar" tanta luz cara a arriba? Demostrouse por activa e por pasiva que moitos dos farois deste país lanzan demasiada luz cara a arriba, desperdiciando enerxía e a propia luz. Todo isto é o que perdemos e tiramos ao espazo. Isto é a chamada contaminación lumínica.

A 'contaminación lumínica' pode definirse como a emisión de fluxo luminoso de fontes artificiais nocturnas en intensidades, direccións, rangos espectrais ou horarios innecesarios para a realización das actividades previstas na zona na que se instalan as luces.

Unha ineficiente e mal deseñada iluminación exterior, a utilización de proxectores e canóns láser, a inexistente regulación do horario de apagamento de iluminacións publicitarias, monumentais ou ornamentais, etc., xeran este problema cada vez máis estendido.



Sobre este grave problema, ata o momento, existe escasa conciencia social, malia que xera numerosas e prexudiciais consecuencias como son o aumento do gasto enerxético e económico, a intrusión lumínica, a inseguridade vial, dificultar o tráfico aéreo e marítimo, o dano aos ecosistemas nocturnos e a degradación do ceo nocturno, patrimonio natural e cultural, coa conseguinte perda de percepción do Universo e os problemas causados aos observatorios astronómicas.

Estes prexuízos non se limitan ao ámbito do lugar onde se produce a contaminación -poboacións, polígonos industriais, áreas comerciais, estradas, etc. -, senón que a luz difúndese pola atmosfera e o seu efecto déixase sentir ata centenares de quilómetros dende a súa orixe.

 A iluminación artificial resalta as rexións máis desenvolvidas e poboadas da superficie terrestre, incluíndo os litorais de Europa, a costa este dos Estados Unidos e Xapón. Moitas grandes cidades encóntranse preto de ríos ou do océano, para así favorecer a exportación e importación barata de bens. As áreas especialmente escuras inclúen o centro de América do Sur, África, Asia e Australia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario